Monday 06 de May de 2024

Alternativa brinda a súa colaboración desde fóra do Goberno para facilitar a mellora que o Concello de Cambre precisa


Alternativa dos Veciños brinda a súa colaboración ao Goberno de UxC para acadar as melloras que o municipio precisa sempre e cando haxa unha vontade proactiva do actual goberno municipal.

Alternativa dos Veciños mantivo sempre unha postura moi crítica coas políticas que se estaban a desenvolver no municipio de Cambre polo goberno do bipartito (UxC e PSOE) e que levaron ao municipio a unha grave situación a respecto da contratación de obras e servizos públicos básicos, así como unha pésima xestión económica en xeral que provocou unha paralización administrativa total cunha gravísima repercusión para a veciñanza de Cambre.

Ante esta nova situación, na que unha das partes responsables, o PSOE; que gobernaba en coalición con UxC e que os abandona dada a problemática municipal; Alternativa dos Veciños brindará o seu apoio ao novo goberno en minoría desde a bancada da oposición. Desde AV solicitarase ao goberno municipal rigor na aplicación das normas e leis para acadar un progreso real para a veciñanza de Cambre, para o cal é preciso escoitar ao funcionariado municipal. Colaborarase de forma proactiva para que Cambre non perda o tren do progreso: Alternativa dos Veciños circula por vía ancha e dispón da maquinaria axeitada para levar o tren a bo destino, sempre sendo rigorosos e amparados pola lei.

Deja un comentario